Concello de Sanxenxo - O CONCELLO INAUGURARÁ O VINDEIRO SÁBADO O NOVO CAMPO MUNICIPAL DO DORRÓN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O club local estreará o terreo de xogo co primeiro partido de liga contra o S.D. Noalla, ás 18:30 horas

Sanxenxo, 7 de setembro de 2024.- O Concello de Sanxenxo inaugurará o vindeiro sábado o novo campo municipal O Cruceiro en Dorrón. Ao acto que estará presidido polo alcalde, Telmo Martín, e ao que asistirá o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, dará comezo ás 17 horas. O obxectivo é compartir as novas instalacións con veciños, colectivos da parroquia e presidentes dos distintos clubs de fútbol do municipio.

Durante o transcurso da inauguración presentarase o novo himno do C.F. Dorrón composto pola Asociación Cultural Soalleira e, tras o acto social, disputarase o primeiro partido de liga que enfrontará ao club local contra o S.D. Noalla,ás 18:30 horas.

A empresa concesionaria do ciclo da auga foi a encargada da realización destas novas instalacións, que se atopan sobre o millón de euros, como compensación polo canon xerado no anterior contrato, entre o 2020 e o 2023.

O campo conta con céspede de última xeración para a práctica de fútbol once e sete. Conta con vestiarios para os xogadores e árbitros; e cantina e bancadas na parte de arriba. Ademais, acondicionouse a parcela exterior como estacionamento.

O céspede é sintético de base elástica homologado pola FIFA, cunha rede de rega. A iluminación do campo de fútbol realízase con torres de vinte metros de altura e cinco proxectores para conseguir unha boa iluminación. Tamén se colocaron redes recolle balóns nos fondos do campo.

0
0
0
s2sdefault