Concello de Sanxenxo - A ARTISTA LOCAL, ANA CANCELA, INAUGURA A SÚA EXPOSICIÓN "ESPAZOS LIMINAIS NA MIÑA MEMORIA" EN PONTEVEDRA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 9 de setembro de 2024.- A artista de Sanxenxo, Ana Cancela, acaba de inaugurar en Pontevedra a súa exposición "Espazos Liminais na miña memoria", no Palacete das Mendoza en Pontevedra.

Ao acto asistiron o alcalde Sanxenxo, Telmo Martín, o presidente da Círculo Cultural de Sanxenxo, Francisco Hernández e o catedrático de Historia da arte da USC, José Manuel García Igrexas. O trío de músicos formado por Perico Aboal, Darío Duarte e Miguel Duarte amenizaron a apertura da mostra.

Nesta exposición Ana Cancela convídanos a facer un percorrido pola súa creación artística e penetrarnos na súa evolución estilística que vai desde a figuración realista, da súa etapa costumista, ata unha linguaxe máis abstracta, terminando coa fusión e o camiño fronteirizo entre a abstracción e a figuración, ao que chama "espazos liminales", nos que xoga un papel moi importante a memoria das imaxes almacenadas.

A obra de Ana Cancela é un profundo dialogo cos códigos visuais do universo galego, o seu mundo simbólico e o seu patrimonio cultural, que se deixan ver na elección de motivos e na paleta de cores. Atopa na súa terra, Sanxenxo, unha fonte inesgotable de inspiración. Os seus cadros dedicados á Lanzada están cheos de simbolismo e novos significados.

A exposición poderase visitar ata o 22 de setembro, de luns a venres, en horario de 9:00 a 21:00 horas, sábados, domingos e festivos de 10:00 a 14:30 horas e de 16:30 a 20:00 horas.

0
0
0
s2sdefault