Concello de Sanxenxo - SANXENXO ACOLLERÁ ESTE DOMINGO A ÚLTIMA ETAPA DA VOLTA CICLISTA A GALICIA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, presentaron esta mañá a proba

Sanxenxo, 10 de setembro de 2024.- O gañador da XXII Volta Ciclista a Galicia coronarase en Sanxenxo. O municipio acollerá este domingo a última etapa da proba con saída neutralizada, ás 10 horas, do porto deportivo de Sanxenxo e chegada ao porto de Portonovo, ao redor das 13 horas, tras percorrer 138 quilómetros polas distintas parroquias do municipio e da comarca.

O concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, presentaron esta mañá na contorna da saída da Volta. "A Volta Ciclista a Galicia pecha o calendario nacional con 17 equipos, dos que oito son galegos, un portugués, un francés e sete do resto do territorio nacional", asegurou Muñiz que convidou "a gozar a todos os veciños desta espectacular etapa que percorrerá todo O Salnés durante o a mañá do domingo".
Guisasola recalcou que Sanxenxo é xa un destino consolidado de eventos deportivos tanto a nivel nacional como internacional "como demostra o calendario nas próximas semanas" e incidiu en que "a Volta Ciclista a Galicia vén sumarse a estas citas como unha proba que encherá de cor e de afeccionados o noso municipio". Destacou a importancia deste tipo de probas como fórmula para alargar a tempada alta e agradeceu á Federación Galega de Ciclismo que pensarán en Sanxenxo para esta última etapa.

0
0
0
s2sdefault