Concello de Sanxenxo - A CONCELLARÍA DE EDUCACIÓN REPARTIRÁ MÁIS DE 1.500 AXENDAS ESCOLARES ENTRE OS COLEXIOS E INSTITUTOS DO MUNICIPIO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 10 de setembro de 2024.- O departamento de Educación do Concello de Sanxenxo, dirixido por Nati Parada, distribuirá mañá máis de 1.500 axendas escolares entre o seis colexios de Educación Primaria e os dous institutos do municipio.

O Concello asume un ano máis o custo das axendas escolares, tendo en conta que se trata dun material moi útil para o traballo conxunto de pais, alumnos e profesores ao ser unha canle de comunicación directa entre as familias e os educadores.

Nesta ocasión, o deseño da portada foi realizado pola artista local, Yoli Martínez, de "Hilos y Ballenas" e, no interior, cada trimestre conta cunha imaxe de actividades realizadas no municipio ao longo do ano como os Maios, un Mar de Lecturas, o concurso da Mascota da auga ou o concurso Picariños. Ademais, inclúense teléfonos de interese, un apartado de comunicación entre o centro e as familias, así como autorizacións e un directorio de edificios municipais.

0
0
0
s2sdefault