Concello de Sanxenxo - A POLICÍA LOCAL ESTABLECE UN DISPOSITIVO DE TRÁFICO E SEGURIDADE CON MOTIVO DA VOLTA CICLISTA A GALICIA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A última etapa da proba sairá ás 10 horas da Rúa do Porto e finalizará aproximadamente ás 13:10 horas na Rúa Rafael Picó

Sanxenxo, 12 de setembro de 2024.- A Policía Local elaborou un dispositivo de tráfico e de seguridade especial con motivo da celebración da última etapa da Volta Ciclista a Galicia que terá lugar o vindeiro domingo, 15, en Sanxenxo. A saída neutralizada realizarase ás 10 horas desde a Rúa do Porto e está previsto que os equipos participantes cheguen a meta, Rúa Rafael Picó, en torno ás 13:10 horas, onde se realizará a entrega de premios.

Para garantir o percorrido e celebración da proba con seguridade realizaranse cortes de tráfico puntuais polas rúas nas que pase o pelotón:

  •  Paseo de Silgar, Avenida de Galicia, Rafael Picó, Avenida de Pontevedra, Rúa de Ourense e Rúa dá Perla. De 09:50 h. a 10:10 horas.
  •  Os Caseiros (Vilalonga) e Fonte de Ons entre 10:20 e 10 30 horas.
  •  A PO-308 entre Portonovo e A Lanzada. Entre as 09:50 e as 10:45 horas
  •  EP-6206 (Adina) e A Vichona entre as 10:30 e 10:45 horas.
  •  Vilalonga entre 10:40 e 10:55
  •  Avenida de León, Progreso, Variante e Avenida de Galicia (chegada da proba) entre as 13:00 e as 13:30 horas.
  •  Rafael Picó cortarase de 10 a 10:30 e de 12 a 16 horas, aproximadamente, e Rúa O Espiñeiro, de 12 a 16 horas.

Os estacionamentos tamén se verán restrinxidos. Así, no Paseo de Silgar poderase aparcar a partir das 10:15 horas. Na Avenida de Galicia permitirase, a partir das 14:00 horas. Nas rúas Rafael Picó e Espiñeiro non se poderá estacionar ata as 16:00 horas. A parada de taxis de Portonovo trasladarase durante a celebración da proba na Rúa Mariña.

0
0
0
s2sdefault