Concello de Sanxenxo - OS PREMIOS AUVE DESTACAN O FORO DE INNOVACIÓN DE FP DE AUTOMOCIÓN DE VILALONGA COMO O MELLOR PROXECTO INSTITUCIONAL DE MOBILIDADE ELÉCTRICA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 16 de setembro de 2024.- Os Premios Asociación de Usuarios de Vehículos Eléctricos 2024 destacan ao Foro de Innovación de FP de Automoción de Vilalonga, agora convertido no Congreso de Mobilidade Sustentable en Medios de Transporte, FP Galega, como o Mellor Proxecto Institucional de Mobilidade Eléctrica. Os xefes dos departamentos implicados, o de FP de Automoción do IES Vilalonga, Rafael Domínguez, e o seu homólogo no CIFP de Fontecarmoa, Álvaro Rodríguez, foron os encargados de recoller o galardón nunha cerimonia que tivo lugar onte no Palacio de Exposicións e Congresos de Oviedo. Na mesma categoría competiron coa competición nacional SpainSkills e con Movelec, o Salón do Vehículo Eléctrico de Canarias.

O proxecto iniciado no IES Vilalonga con máis de dez edicións ás súas costas presentouse como unha actividade de divulgación e formación única sobre electromovilidade, así como unha ferramenta de concienciación dirixida ao profesorado, alumnado e poboación xeral sobre a importancia do cambio á electromovilidade.

A aposta pola automoción sustentable é unha constante na FP de Automoción do IES Vilalonga como demostran os importantes recoñecementos ao seu proxecto de coche eléctrico, Kartlonga, co que participou nunha liga internacional de coches verdes. Trátase dun bólido de menos de tres metros de longo, de 80 centímetros de ancho e apenas 80 quilogramos de peso co que xa obtiveron catro premios e competiron en Navarra, Valencia e mesmo Lisboa.

0
0
0
s2sdefault