Concello de Sanxenxo - O CONCELLO COLABORARÁ CON ACCEM DURANTE A ESTANCIA DOS 70 MIGRANTES DE MALI EN SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 Sanxenxo, 18 de setembro de 2024.- O Concello de Sanxenxo volverá colaborar, como xa o fixo o ano pasado, coa oenegué Accem Galicia encargada de xestionar a estancia dos 70 migrantes de Mali que onte pola tarde chegaron ao municipio.
 
O alcalde, Telmo Martín, e a concelleira de Servizos Sociais e Maiores, Paz Lago, mantiveron a semana pasada un encontro co coordinador de Accem, Daniel Bóveda, para mostrar a súa disposición a axudar e facilitar a súa integración no municipio. "Sanxenxo volverá estar a altura tanto na cesión de instalación municipais como na xestión doutros servizos que lles permitan interactuar e coñecer o noso municipio", explica Paz Lago. Lago xestiona a reserva de distintos espazos municipais e a dispoñibilidade horaria para que Accem, así como colaboracións de empresas privadas ou xornadas de seguridade viaria e primeiros auxilios coa Policía Local e Emerxencias Sanxenxo. "Colaborar con Accem foi unha experiencia moi positiva e agardamos que nesta ocasión sexa igual", apunta a concelleira de Servizos Sociais e Maiores. O perfil é, nesta ocasión, diferente, xa que todos os migrantes que onte chegaron a Sanxenxo veñen coa protección internacional tramitada e autorización para traballar.
0
0
0
s2sdefault