Concello de Sanxenxo - BALTAR ACOLLERÁ O 28 DE SETEMBRO A NOVENA XORNADA DE SEGURIDADE VIARIA "PONTE A CONDUCIR"
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 18 de setembro de 2024.- Baixo a lema "En bicicleta ou moto, coñecer os sinais é coidar de ti e dos demais" o vindeiro sábado, 28 de setembro, celebrarase en Baltar-Portonovo a novena xornada de seguridade viaria "Ponte a Conducir". Trátase dunha aula práctica de seguridade viaria, organizada pola Federación de Asociacións de Pais e Nais, coa colaboración do Concello de Sanxenxo, a Policía Local, Garda Civil de Tráfico, Dirección Xeral de Tráfico, Emerxencias Sanxenxo, Cruz Vermella e a colaboración da Subdelegación do Goberno, Deputación Provincial e Brilat, así como diversas entidades privadas.

Esta xornada está dirixida a menores de educación Infantil e Primaria (desde 3 a 12 anos) cun total de 120 prazas. As actividades realizaranse de 10 horas a 14 horas. Os interesados poderán inscribirse presencialmente no circuíto ou no Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando os seguintes datos: Nome e apelidos do participante, curso escolar, idade, centro educativo ao que pertence, nome do pai, nai ou titor responsable, teléfono de contacto, dirección e correo electrónico. Ademais, debe descargarse e cubrirse a autorización sobre toma de imaxes.

Os participantes poderán realizar un circuíto de karts, peóns e ciclistas, participar nun concurso de debuxo sobre educación viaria, taller de primeiros auxilios de Cruz Vermella e unha exposición de vehículos da Policía Local e Garda Civil, Emerxencias de Sanxenxo, Policía Nacional e Brilat. Será necesario que cada neno ou nena leve a súa propio medio de transporte e casco para utilizar no circuíto.

0
0
0
s2sdefault