Concello de Sanxenxo - O CONCELLO PREPARA A LICITACIÓN DA REHABILITACIÓN DA TELLEIRA TRAS RECIBIR TODOS OS PERMISOS FAVORABLES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actuación está valorada en 715.922 euros e será sufragada a través do Plan de Sustentabilidade Turística dos fondos europeos

Sanxenxo, 4 de outubro de 2024.- O Concello de Sanxenxo prepara xa os pregos para sacar a licitación o proxecto de rehabilitación da Telleira en Vilalonga tras recibir todos os permisos favorables das administracións implicadas nun espazo de alto valor paisaxístico e natural. A actuación está valorada en 715.922 euros e será sufragada a través do Plan de Sustentabilidade Turística dos fondos europeos.

A edificación foi executada en 2003 e consta dunha superficie de 2.504 m2. O obxectivo da rehabilitación é dotar ao edificio dunha compartimentación espacial interior efectiva, que posibilite xestionar a súa climatización de forma independente no tempo, acoutando o seu funcionamento aos espazos e usos que se desenvolvan (sen alterar os previstos orixinariamente) para lograr unha mellora da eficiencia enerxética.

No proxecto contémplase a instalación de ventilación e climatización das que hoxe carece e que estarán adaptadas aos criterios de máxima eficiencia. Do mesmo xeito melloraranse os sistemas de illamento e drenaxes do edificio, para permitir un normal desenvolvemento das actividades para os que foi creado, mellorando notablemente os estándares ambientais interiores. Tamén se mellorará a iluminación potenciando a implementación de novas tecnoloxías que redunden nun menor consumo e máxima eficiencia. Finalmente, ordenarase a parcela circundante para a dotación dun pequeno aparcadoiro acoutado que evite a dispersión actual de vehículos que non presentan ningunha orde e que deterioran o terreo.

A redistribución do espazo interior deixará, ademais das entradas accesibles, aseos e central, unha sala de exposición permanente (843 m2), unha sala multiusos (53,56 m2), espazo para talleres de interpretación (132 m2), almacén (116 m2), aseos (45,36 m2), centro de documentación (76 m2), oficinas (41 m2), sala audiovisual (85 m2), sala de exposición itinerante (196 m2), tenda temática (25 m2) e soportal (16 m2).

0
0
0
s2sdefault