As estancias alargáronse e constátase a chegada de embarcacións de maior eslora a Sanxenxo
Sanxenxo, 7 de outubro de 2024.- O tránsito do porto deportivo Juan Carlos I creceu un 1% no nove primeiros meses do ano respecto ao mesmo período de 2023 no que se incrementaron os días de estancia. Un total de 457 embarcacións con bandeiras de ata 21 países recalaron o porto. O maior número foron españois (278), seguidos de Irlanda (30), Reino Unido (22) e Francia (30). Tamén chegaron embarcacións de Panamá, Australia, Illas Caimán, Illas Marshal, Lituania ou Finlandia, entre outros.
No que respecta á modalidade das embarcacións, 293 eran veleiros e 164 a motor. Neste sentido, desde a sociedade municipal Nauta Sanxenxo que se encarga de xestionar o porto continúase detectando un incremento de naves con esloras superiores aos 12 metros, onde se concentra o maior número, 156, seguido de sendo as de até 15 metros as máis numerosas, até un total de 47. A esta actividade de tránsito hai que sumar os 370 barcos que ten Sanxenxo como porto base e que manteñen o seu amarre durante todo o ano.Aínda que a reserva de espazo non se pode formalizar até febreiro, xa hai unha listaxe de embarcacións que se interesaron por un amarre para o próximo ano.
Para dar cabida á súa demanda, o porto deportivo sanxenxino dispón dunha superficie concesional de 123.222 metros cadrados, cunha lámina de auga de 90.000 m2, 450 puntos de amarre e máis de 25.000 m2 de espazo peonil. A entidade acaba de ampliar a súa concesión até 2047, vinculada a diferentes proxectos destinados a mellorar a fachada marítima, con "Batea en Terra" como principal expoñente, coa súa primeira fase, a rampla axardinada, xa executada.
O porto conta, ademais, con servizo de gasolineira nas súas instalacións, que até setembro forneceu 130.919 litros de combustible, un 6% máis que no mesmo período de 2022.