Concello de Sanxenxo - O CONCELLO RETIRA A BALEA DO ARENAL DE PAMPAÍDO PARA O SEU POSTERIOR TRASLADO A UNHA PLANTA DE RESIDUOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os traballos realízaos a empresa ribeirense Transbeyno e teñen un custo de 2.976 euros que se afrontará con fondos municipais

Sanxenxo, 10 de outubro de 2024.- Tras aproximadamente catro horas de traballo, a balea varada desde onte na praia de Pampaído saía a útima hora desta mañá do areal. A empresa ribeirense Transbeyno encargouse de realizar a tarefa de partir en anacos o cetáceo, unha exemplar femia de aproximadamente 15 toneladas e 18 metros de longo, así como do seu posterior traslado ao camión que a Consellería de Medio Ambiente puxo a disposición para o seu traslado a unha planta de residuos especiais. O custo para o Concello rolda os 3.000 euros.

Dous operarios con motosierras eléctricas comezaron o traballo ao redor do once da mañá, coincidindo coa marea baixa, cortando a balea en anacos de aproximadamente 1.200 quilos para, a continuación, cargar un por un no guindastre e trasladalo ao camión estacionado a 40 metros do areal.

O Concello tivo coñecemento da existencia da balea nas proximidades da costa de Sanxenxo o pasado sábado e comunicoullo a Salvamento Marítimo ante o risco dun accidente cunha embarcación. Finalmente, o temporal arrastrou o cetáceo a terra, en avanzado estado de descomposición e provocando un forte cheiro perceptible desde metros de distancia.

O concelleiro de Medio Ambiente, Mantemento e Servizos, Yago Torres, que seguiu esta mañá os traballos, lamenta que "a pesar de que a balea leva morta máis dun mes non mar, teña que ser ou Concello e tamén a Xunta a que se faga cargo de retirala co conseguinte gasto que supón este tipo de actuacións". "Hoxe tocounos a nós, que ao parecer somos o segundo municipio galego que recibimos máis cetáceos mortos ao ano, pero outro día tocaralle a outro. O lóxico e o máis seguro para a navegación sería retirala no mar".

0
0
0
s2sdefault