Concello de Sanxenxo - DOUS NOVOS AXENTES SÚMANSE AO PERSOAL DA POLICÍA LOCAL DE SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Daniel Noya Pintos e David Argibay tomaron esta mañá posesión dos seus cargos no Salón de Plenos como policías locais

Sanxenxo, 16 de outubro de 2024.- Novo reforzo na Policía Local de Sanxenxo. David Argibay Doval e Daniel Noya Pintos tomaron posesión esta mañá como axentes nun acto celebrado no salón de plenos. O alcalde, Telmo Martín, acompañado do concelleiro de Seguridade Cidadá, Xoán Pérez Chaves, asinou a súa incorporación ao persoal municipal.

Tras a firma na que estiveron apoiados por varios compañeiros e tamén representantes da Garda Civil, o alcalde deulles a benvida á Policía de Sanxenxo e animoulles a prestar o mellor servizo posible á cidadanía. "Sodes a nosa carta de presentación e os primeiros aos que recorre un veciño ou veciña que estea en problemas polo que o voso papel é clave na seguridade do concello", asegurou. Tamén agradeceu a presenza de representantes da Garda Civil na toma de posesión como símbolo do "bo ambiente e coordinación que hai entre os dous corpos que traballan no municipio".

Tras concluír o período de formación na Academia Galega de Seguridade Pública e realizar as prácticas no verán coincidindo co período de maior actividade, ambos se incorporan á Policía Local de Sanxenxo xa como axentes.

A Policía Local supón un gasto anual de case dous millóns de euros cun persoal fixo de 22 policías e 34 auxiliares que xa non se contratan só 2 meses no verán, senón tamén durante a tempada baixa debido ao incremento de visitantes. Cabe lembrar que Sanxenxo dispón de policía as 24 horas os 365 días do ano, algo pouco frecuente en concellos similares en poboación.

0
0
0
s2sdefault