Concello de Sanxenxo - O CIM DE SANXENXO PON EN MARCHA UNHA ACTIVIDADE GRATUÍTA DE EMPODERAMIENTO FEMININO A TRAVÉS DO BOXEO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 16 de outubro de 2024.- O CIM de Sanxenxo organiza unha actividade de empoderamento e fomento da autoestima feminina a través do boxeo que, a día de hoxe, segue estando bastante masculinizado por ser practicada na súa gran maioría por homes.

O obxectivo é formar un grupo de mulleres que poidan realizar este deporte, ao mesmo tempo que se fomenta a súa autoestima dunha forma grupal e práctica. O curso terá unha duración de cinco meses e será impartido por Pibe's Team Club, os martes e xoves, de 20 a 21:15 horas no pavillón de Vilalonga. A actividade, que dará comezo o 8 de novembro, contará con 15 prazas e será totalmente gratuíta, material incluído. A demanda cubrirase por orde de inscrición. As persoas interesadas poderán obter máis información a través do correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
O boxeo é un tipo de adestramento moi completo que axuda a aumentar a resistencia física e a mellorar a capacidade aeróbica resistencia anaeróbica. Ademais, produce grandes beneficios para a saúde mental, xa que é un gran catalizador de enerxía e emocións. A través dos seus movementos e golpes descárgase a tensión acumulada, a tensión e a ansiedade. Así mesmo, practicar boxeo de maneira regular implica:

  • Aumento da autoestima
  • Produción de endorfinas que xeran unha gran sensación de forza e benestar.
  • Favorece a autodisciplina.
  • Xera unha importante descarga de adrenalina, axudando ao corpo a desfacerse de tensións despois do adestramento.
0
0
0
s2sdefault