O investimento no tres areais supera os 167.000 euros
Sanxenxo, 18 de outubro de 2024.- O Concello de Sanxenxo iniciou esta mañá na praia de Panadeira a demolición das xardineiras e o acondicionamento do espazo onde se habilitará un acceso para persoas con mobilidade reducida e mellorarase o acceso cunha nova pasarela. En total ocupa unha superficie de 73,5 m2 e 2 metros de ancho. Os traballos está previsto que duren dúas semanas.
A actuación enmárcase dentro da liña de axudas do Embelecemento do Litoral Galego. Nesta subvención tamén se inclúe a renovación dun tramo de 150 metros de pasarela en Areas, nestes momentos en execución, que transcorre pola beira do río Pintillón até a entrada da praia. Ademais, mellorarase a protección do espazo dunar ao elevar o novo paseo cincuenta centímetros.
As actuacións execútanse desde a Concellería de Turismo e Praias, que dirixe Juan Deza, cun investimento total que supera os 167.000 euros. En Areas, está a renovarse un tramo de 150 metros de pasarela que transcorre pola beira do río Pintillón até a entrada da praia. Con iso, mellorarase a protección do espazo dunar ao elevar o novo paseo cincuenta centímetros.
Co obxectivo de recuperar o sistema dunar, eliminar a circulación rodada e mellorar o acceso peonil, na praia de Canelas habilitouse un novo itinerario peonil na zona norte do areal. Construíuse unha pasarela elevada de 50 centímetros sobre a actual rasante da duna e da zona de acceso rodado. Ademais, colocarase unha varanda para mellorar a seguridade no acceso. A actuación inclúese dentro da subvención do Fondo de Compensación Ambiental