O condutor enfróntase a unha sanción de 1.000 euros por dar positivo en cannabis e outra, de 100 euros por circular cun acompañante
Sanxenxo, 18 de outubro de 2024.- Axentes da Policía Local de Sanxenxo identificaron o pasado xoves a un veciño de Sanxenxo que deu positivo en drogas (cannabis) cando circulaba nun patinete eléctrico por Portonovo. Os axentes atopábanse realizando labores de seguridade cidadá cando observaron a dous homes, de 18 e 22 anos, circulando nun mesmo patinete eléctrico.
Cando proceden a darlles o correspondente alto para advertirlles da prohibición de transitar máis dunha persoa no vehículo e da sanción leve de 100 euros á que se enfrontan, os policías observan que o condutor denota síntomas de consumir sustancias psicotrópicas. Tras realizar a correspondente proba de test salival, arroxa un resultado positivo en THC (canabbis), polo que se enfronta a unha sanción de 1000 euros.
A Policía Local de Sanxenxo lembra que o uso dos patinetes eléctricos é persoal, non pode superar o 25 km/h e está prohibido circular por beirarrúas e zonas peonís. Tampouco está permitido o uso de móbil e auriculares ou conducir baixo os efectos do alcol e drogas. En circulación nocturna deben usar luces e pezas reflectoras. É obrigatorio o uso de timbre, luz dianteira e traseira, catadrióptico dianteiro e traseiro e sistema de freado