Concello de Sanxenxo - SANXENXO ENCENDERA A ILUMINACION DO NADAL O VENRES 6 DE DECEMBRO CUNHA FESTA NA PRAZA PASCUAL VEIGA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

694 elementos decorativos e 586.000 lámpadas de led para iluminar o Nadal nas sete parroquias e tres vilas.

Sanxenxo 22 de outubro de 2024.- As luces do Nadal acenderanse o 6 de decembro na praza Pascual Veiga onde, como cada ano, celebraremos a festa do aceso en colaboración con Entretendas. Nesta ocasión contaremos cun espectáculo musical e algunha sorpresa máis. A iluminación prolongarase ata o luns 6 de xaneiro día de Reis.

Este ano a concellaría de cultura destina unha partida de 131.890 €, o que supón un incremento de 7.260€ (+6%) con respecto ao nadal do ano pasado. O que vai permitir ampliar a iluminación do Nadal, incrementando o número de motivos en diversas zonas do rural, ademais de mellorar a decoración nas vilas con respecto a 2023.

Por exemplo, vaise a reforzar a iluminación dalgunhas rúas de Portonovo e no centro de Vilalonga, en Sanxenxo vaise a poder iluminar a rampla axardinada do porto deportivo que o ano pasado estábase a rematar. A empresa encargada vai colocar 694 elementos de iluminación entre arcos, farois e distintas figuras decorativas, que suman un total de 586.000 lámpadas de led.

Outra novidade é a colocación de árbores de Nadal no centro das parroquias que van ser decorados polas asociacións do lugar. As árbores que serán adquiridas polo concello ao finalizar as festas serán plantadas na parroquia onde estiveran instaladas.

Por último, coa intención de estimular a participación de particulares e negocios na decoración do Nadal celebraremos a segunda edición de "Deslumbra co teu Nadal". Este ano, ademais dos premios á mellor vivenda e ao establecemento decorado, inclúese unha terceira categoría para premiar as rúas ou zonas que destaquen pola súa decoración.

0
0
0
s2sdefault