Concello de Sanxenxo - GUÍA DIDACTICA: "FAITE RESPONSABLE DA TÚA CESTA"
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Co obxectivo de seguir axudando aos concellos a diminuír a cantidade de lixo xerado, infórmolle que, no marco da Semana Europea da Prevención de Residuos 2024, que arrincou o pasado 16 de novembro e finalizará o próximo domingo, día 24, Sogama vén de lanzar unha guía didáctica para axudar aos cidadáns a reducir o desperdicio alimentario.

Baixo o título “Faite responsable da túa cesta”, con esta iniciativa pretendemos chamar a atención sobre a necesidade de diminuír a cantidade de comida que acaba no cubo de lixo, unha problemática con importantes consecuencias ambientais, económicas e sociais. 

Aínda que o desperdicio alimentario ten lugar en toda a cadea (desde a produción ata o consumo de produtos), o certo é que o fogar leva a maior porcentaxe: un 60%.

A guía achega unha serie de recomendacións tales como planificar os menús semanais, facer unha lista da compra e cinguirse á mesma, organizar a despensa e neveira para consumir antes os produtos perecedoiros, diferenciar entre data de caducidade e de consumo preferente, dar preferencia ás froitas, hortalizas e verduras “feas”, axustar as racións ao número de comensais e, de haber sobras, aproveitalas para novos menús

Tamén fai referencia á valorización da parte non comestible dos alimentos a través da compostaxe doméstica e industrial, que posibilitan a transformación dos restos orgánicos nun abono natural de alta calidade

0
0
0
s2sdefault