Concello de Sanxenxo - A AECC DE SANXENXO CELEBRA ESTE SÁBADO A SÚA GALA BENÉFICA PARA RECADAR FONDOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O colectivo xa vendeu en outubro as 300 entradas dispoñibles

Sanxenxo, 21 de novembro de 2024.- A AECC de Sanxenxo celebra este sábado, ás 21:00 horas, a súa gala benéfica anual para recadar fondos no Real Club Náutico. O colectivo xa vendeu en outubro as 300 entradas dispoñibles e tamén conta con reservas para o Cocido Solidario que se celebrará en febreiro. “É unha cita importante para nós, e o comercio local, as axencias de viaxes e as empresas implican moito esforzo para a tómbola de agasallos solidarios. Estamos moi agradecidos”, sinala Meli Rodríguez.

No que vai de ano, a AECC de Sanxenxo atendeu a máis de 100 persoas a través dos seus psicólogos, asistentes sociais e médicos voluntarios que colaboran no local. Recentemente, o Concello de Sanxenxo e a AECC ampliaron a súa colaboración poñendo en marcha o primeiro programa de atención social ao enfermo oncolóxico e á súa familia.

O Concello dota á asociación con 3.000 euros para mellorar as instalacións e poder ofrecer un servizo máis amplo a enfermos e familiares, incluíndo charlas e formacións. Entre as actividades incluídas no programa destacan a atención psicolóxica grupal e individual para os pacientes, os tratamentos e terapias destinados ás familias para afrontar as adversidades do proceso oncolóxico e a atención social con información sobre recursos e servizos aos que poden acceder. Para solicitar estes servizos, é suficiente poñerse en contacto coa asociación a través do correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., onde se coordinará cun profesional especializado da AECC para ofrecer a atención personalizada que precisen.

0
0
0
s2sdefault