Concello de Sanxenxo - SANXENXO ACADA OS 18.089 HABITANTES, A CIFRA MÁIS ALTA DA SÚA SERIE HISTÓRICA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O municipio mantén un crecemento constante no que vai de século con 2.064 novas altas

Sanxenxo, 22 de novembro de 2024.- Sanxenxo acadou este mes de novembro os 18.089 habitantes, a cifra máis alta da súa serie histórica, segundo os últimos datos do padrón. O municipio mantivo un crecemento constante no que vai de século cun total de 2.064 novos veciños censados, o que supón un incremento do 13% na poboación. Un dato lixeiramente inferior ao rexistrado nas décadas dos 80 e 90, cando se produciu o maior crecemento poboacional, con 2.872 novas altas no padrón.

E é que, a pesar de que o saldo vexetativo do último dato dispoñible, do ano 2022, é negativo con 164 falecementos e só 90 nacementos, o crecemento poboacional de Sanxenxo débese ás persoas que se trasladan a vivir ao municipio desde outros lugares. Así, o 63% son nacidos en Sanxenxo, o 20,48% proceden de distintos puntos da provincia de Pontevedra, o 4,62% do resto de Galicia, o 4,22% do resto de España e o 7,67% de persoas estranxeiras.

O goberno local márcase como obxectivo os 20.000 habitantes, unha cifra que permitiría ampliar notablemente os fondos económicos que o Estado achega ao municipio, posto que xa cumpre con outros baremos como o número de prazas de aloxamento e de segundas residencias. Continuar coa mellora dos servizos e facilitar o asentamento de actividades económicas son dúas das bazas para atraer e fixar poboación durante todo o ano.

0
0
0
s2sdefault