Sanxenxo, 30 de novembro de 2024.- O Concello colocará 40 carteis para identificar os residuos dentro da mellora do Punto Limpo Municipal. Algúns instalaranse nas distintas zonas de depósito e outros situaranse nos diversos colectores.
A actuación enmárcase dentro do proxecto de mellora do punto limpo “As Cereixeiras”, incluída na terceira anualidade da subvención da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. A contía da axuda ascende a 1.080 euros.