Concello de Sanxenxo - SANXENXO CONTARÁ CON ONCE “RECUNCHOS DE NADAL” CON 53 ABETOS DECORADOS POLAS ASOCIACIÓNS DAS DISTINTAS PARROQUIAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello de Sanxenxo cede unha árbore con iluminación para que cada colectivo a poida decorar nun espazo público

Sanxenxo, 3 de decembro de 2024.- Baixo o lema “Unha asociación, unha árbore”, o Concello de Sanxenxo, a través do departamento de Cultura e Eventos dirixido por Elena Torres, quere que estas festas do Nadal os colectivos do municipio participen activamente na decoración. Ao longo desta mañá, operarios municipais de Servizos colocaron os 53 abetos con luces, un para cada asociación participante, en once localizacións diferentes. “A idea é que veciños e visitantes poidan realizar unha ruta para ver as diferentes decoracións e, ao mesmo tempo, sexa un motivo máis para mostrar o noso municipio”, explica Torres. O acendido dos “Recunchos de Nadal” terá lugar o domingo 8, a partir das 19:00 h.

  • En A Carballeira de Noalla colocaranse cinco árbores decoradas pola Asociación Xuvenil A Esmorga, Comisión Festas Virxe do Carme, Asociación Cultural Airiños da Lanzada, ANPA O Telleiro e a Comisión Nosa Señora da Lanzada.

  • Na Capela de Aios, haberá dous abetos decorados pola Escola Unitaria de Aios e a Asociación Xuvenil Os Raposos.

  • Na Praza de Vilalonga, coincidindo co acendido da Aldea de Nadal, colocaranse seis árbores decoradas pola Asociación Cultural Os Cruceiros, Mulleres Rurais A Candelaria, Asociación de Veciños O Salnés, Comisión de Festas de Vilalonga, ANPA Cruceiro e a Comisión de Festas de Gondar.

  • Na Capela de O Santo, en Nantes, haberá dous árbores decorados pola Comisión de Festas de San Xoán e Santa Ana e a ANPA Romaíña.

  • A igrexa de Adina contará con tres árbores, decorados pola Asociación Cultural Os Gatiños, a Comisión de Festas de Adina e a Asociación de Veciños de Adina.

  • O Priorato de Arra terá tres abetos: un decorado pola Asociación de Veciños de Arra e Catadorio, a Asociación Cultural San Cayetano e a Comunidade de Montes.

  • No parque de O Espiñeiro, en Portonovo, haberá 11 árbores decoradas pola Asociación Cultural Os Gatiños, Mulleres Rurais Santa Catalina, ANPA Abrente, ANPA O Espiñeiro, Asociación Cultural Lembranzas, Coral Polifónica Santa María Adina e Portonovo, Asociación Ollares de Portonovo, Asociación Amigos da Dorna, Club Pensionistas Portonovo, Asociación de Veciños San Cristóbal e a Comisión de Festas San Cristóbal.

  • Na Praza Méndez Núñez, haberá tres árbores decorados pola Asociación Rúa dos Viños de Portonovo.

  • Na Praza do Pazo, serán 10 árbores os que decoren o espazo, adornados pola Asociación Cultural Abiñadoira, Mulleres Rurais Emilia Pardo Bazán, Coro San Xinés, Sociedade Musical de Sanxenxo, ANPA San Xinés, Asociación O Cubreiro, Centro Comercial Urbán Entretendas, Club Pensionistas Sanxenxo e a AECC Sanxenxo.

  • Na Praza de Manuel Cortés, en Bordóns, haberá tres árbores decorados pola Asociación Cultural San Pedro e a Asociación Cultural Soalleira.

  • En A Bouza, Dorrón, haberá cinco abetos decorados pola Asociación Cultural Soalleira, Mulleres Rurais Celso Emilio Ferreiro, Asociación de Veciños San Xoán de Dorrón, a Comisión de Festas de Dorrón e a ANPA Pintillón.

0
0
0
s2sdefault