Concello de Sanxenxo - O CONCELLO COMEZA O ASFALTADO DE SETE PISTAS TRAS AS OBRAS DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO DO CICLO DA AUGA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os pavimentos realizaranse nas parroquias de Noalla, Adina, Dorrón e Bordóns

Sanxenxo, 15 de decembro de 2024.- O Concello de Sanxenxo, a través de Espina e Delfín, comezou esta semana coa pavimentación das pistas afectadas polos traballos de saneamento e abastecemento realizados nos distintos puntos. Barreiro, en Dorrón, e Chandevila, en Bordóns, foron os primeiros asfaltados en realizarse, aos que seguirán un en Outeiro, en Adina, tres máis en Noalla e outro en Arra. En todos eles asfaltarase o ancho completo da pista. Os traballos inclúense dentro das obras recollidas no novo contrato da auga para executar pola concesionaria Espina e Delfín. En total, realizaranse 80 actuacións valoradas en 11.963.798 euros.

En canto ás obras de abastecemento e saneamento, estanse a concluír os traballos proxectados en A Lomba, Gondar, valorados en case 400.000 euros, e comezouse esta semana coa obra de abastecemento en A Fianteira, cifrada en 16.800 euros. Este luns está previsto que arrinque a obra de abastecemento e saneamento en A Costa, en Dorrón, valorada en 40.745 euros. Tamén se iniciou a substitución de colectores, como o de Anevados, en Portonovo, cun orzamento de 22.931 euros. Unha vez concluídos os traballos en varios destes puntos nos que xa se está a traballar, procederase ao pavimentado.

Estas obras compleméntanse co convenio asinado entre Sanxenxo, Poio e Acuaes, cifrado en 24 millóns de euros, que busca mellorar a calidade das augas da Ría de Pontevedra. Este acordo inclúe a ampliación da depuradora de Paxariñas, a construción de novos colectores e estacións de bombeo, e o emisario submarino de Montalvo.

0
0
0
s2sdefault