Concello de Sanxenxo - SANXENXO CULMINA A SÚA AXENDA URBANA 2030 CO OBXECTIVO DE CAPTAR FONDOS EUROPEOS PARA INVESTIMENTOS MUNICIPAIS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno dará conta do documento en pleno extraordinario o próximo 30 de decembro.

Sanxenxo, 20 de decembro de 2024.- O Concello de Sanxenxo dará conta en pleno extraordinario da súa Axenda Urbana 2030 co obxectivo de captar fondos europeos para investimentos municipais. A concelleira de Planificación Urbanística e Vivenda, María Deza, leva meses traballando neste documento que aspira a ser a folla de ruta das políticas locais para acadar un crecemento económico e socialmente responsable, respectuoso cos valores ambientais e resiliente ao cambio climático. “A curto prazo, debe ser o elemento vertebrador das actuacións que xa desenvolve o Concello e, a longo prazo, será a folla de ruta que guíe o crecemento sostible de Sanxenxo e a porta para acceder a novos fondos europeos”, sinala.

O Concello elaborou o Plan de Acción da Axenda Urbana 2030 baseándose en 10 obxectivos estratéxicos:

  • Ordenar o territorio e facer un uso racional do solo, conservalo e protexelo: Proxectos como a senda litoral da Ría de Arousa, a senda do Río Fabaíños, a senda do Río Barbosa, o Paseo de Baltar, camiños escolares seguros, rehabilitación do centro de interpretación de A Telleira, peonalización de zonas 30 e do casco histórico de Portonovo, rehabilitación dos muíños de Dorrón, castros, o proxecto Batea en Terra ou o Plan de Mobilidade e conexión entre A Granxa de Abaixo e Areas.

  • Evitar a dispersión urbana e revitalizar a cidade existente: Creación de áreas recreativas en O Revel, A Lamela, Tombelo e O Freixeiro, renaturalización de dúas prazas públicas, humanización do entorno de Baltar, humanización da zona verde de Portonovo, mellora das conexións dos núcleos urbanos, rehabilitación do Auditorio Emilia Pardo Bazán e soterramento do Paseo de Silgar.

  • Previr e reducir os impactos do cambio climático e mellorar a resiliencia: Parkings disuasorios, carrís bici, escolas máis verdes, servizo de transporte público ás praias e conversión verde do parque municipal de vehículos.

  • Xestionar de forma sostible os recursos e favorecer a economía circular: Iluminación pública 100% LED, mellora na xestión de residuos e aforro e xestión da auga.

  • Favorecer a proximidade e a mobilidade sostible: Instalación de paneis informativos do tráfico e plan de mobilidade ciclista.

  • Fomentar a cohesión social e buscar a equidade: Programa contra a violencia de xénero, campañas de mobilidade segura impartidas polo Poli Paco e espazos de conciliación e ludoteca.

  • Impulsar e favorecer a economía urbana: Creación de espazos de coworking, o novo mercado de Sanxenxo e rehabilitación do antigo CEIP O Cruceiro.

  • Garantir o acceso á vivenda: Construcción de vivenda pública en Sanxenxo, Portonovo e Vilalonga.

  • Liderar e fomentar a innovación dixital: Implantación de Smart Playas e mellora no uso e goberno do dato.

  • Mellorar os instrumentos de intervención e gobernanza: Plan de medidas antifraude, goberno aberto e mesa de turismo.

0
0
0
s2sdefault