Concello de Sanxenxo - SANXENXO PUBLICA NA WEB MUNICIPAL O PXOM COAS MODIFICACIÓNS PUNTUAIS E O INVENTARIO DE CAMIÑOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Sanxenxo, 30 de xaneiro de 2025.- Desde hai uns días xa é posible consultar na web municipal do Concello de Sanxenxo o PXOM actualizado coas modificacións puntuais aprobadas definitivamente, así como o inventario de camiños. Con esta publicación, desde o departamento de Planificación Urbanística e Vivenda, xestionado por María Deza, búscase facilitar a consulta do documento a calquera veciño ou persoal técnico que o necesite.

Deste xeito, pódese obter información urbanística de calquera parcela do concello, así como as afeccións, xa que está refundido co Plan Básico Autonómico, que adoitan ser as consultas máis habituais neste departamento. Na ligazón pódense consultar planos en formato CAD, ordenanzas de solo e de edificacións, así como outros documentos de interese.

0
0
0
s2sdefault