Concello de Sanxenxo - TURISMO DE SANXENXO LICITA POR 202.191 EUROS AO ANO A EXPLOTACIÓN DE QUIOSCOS, TUMBONAS E HIDROPEDAIS EN NOVE ARENAIS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A limpeza e mantemento dos baños nas praias sairá a concurso por 72.999 euros anuais e mantense cada hora e media

Sanxenxo, 3 de marzo de 2025.- Sanxenxo comeza a posta a punto dos servizos nas súas praias. O Consello de Turismo licitou os servizos de explotación de quioscos, tumbonas e hidropedais por 202.191 euros ao ano, prorrogable por tres anos máis, nas praias de Areas, Silgar, Baltar, Canelas, Paxariñas, Montalvo, Pragueira, Major e Foxos. A partir do 1 de maio (ou desde a data de sinatura do contrato, se se realizase con posterioridade) poderanse instalar a totalidade dos servizos, sendo recomendable que estean en funcionamento como data máxima o 15 de maio na praia de Silgar e o 15 de xuño para o resto dos lotes.

O Consello de Turismo tamén aprobou a licitación en breve do servizo de limpeza e mantemento de aseos por 72.999 euros anuais nas praias de Agra, Areas, Panadeira, Silgar, Baltar, Caneliñas, Canelas, Paxariñas, Montalvo, Bascuas, Pragueira, Major, Areas Gordas e A Lanzada. A apertura dos baños realizarase a partir do 14 de xuño, cun mínimo de seis limpezas ao día, é dicir, cada hora e media durante os sete días da semana. O horario de apertura será de 11:00 a 21:00 horas.

Tamén sairá a licitación a concesión das actividades das escolas deportivas nas praias de Silgar, Baltar, Foxos e A Lanzada. Establécese a tempada de praias para a realización de actividades propias das escolas deportivas, como pádel surf, desde o 1 de abril ata o 30 de setembro, ambos incluídos.

0
0
0
s2sdefault