O parking de Nauta facturou durante a Semana Santa 23.268 euros e pasaron polas instalacións 5.299 vehículos
Sanxenxo, 7 de maio de 2025.- Sanxenxo continúa reducindo a cifra de paro na serie histórica de abril, con un total de 521 parados e unha taxa do 6,57%. Esta tendencia repítese nos demais meses en comparación con anos anteriores, tal e como recolle o portal da Consellería de Traballo. A cifra de abril do ano pasado foi de 573 parados, 52 máis que este ano, cunha taxa de desemprego do 7,24%. Se a tendencia segue a evolución habitual de todos os anos, as cifras de paro e afiliados á seguridade social seguirán mellorando nos próximos meses, cando Sanxenxo concentra o maior número de visitantes e actividade económica.
O Concello de Sanxenxo publica mensualmente, a través do seu departamento de Orientación Laboral de Sanxenxo, un Boletín de Emprego, unha ferramenta creada para centralizar a oferta e facilitar a súa accesibilidade, na que os anunciantes poden publicar as súas ofertas de forma totalmente gratuíta. Para iso, tan só é necesario enviar a oferta de emprego cos datos correspondentes ao correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. No anuncio débese especificar o traballo, a empresa, o horario, e un teléfono e correo de contacto. O boletín con estas ofertas publícase na páxina web do Concello de Sanxenxo, no apartado de emprego, e nos últimos meses experimentou un crecemento exponencial.
Actividade no parking de Nauta
Durante a pasada Semana Santa, o parking público de Nauta facturou 23.268 euros, unha cifra superior á rexistrada en 2024, que foi de 21.280 euros. As instalacións rexistraron a entrada de 5.299 vehículos, cunha permanencia media por coche de algo máis de dúas horas. Os días de maior facturación foron o xoves, venres e sábado.