Concello de Sanxenxo - A TERCEIRA EDICIÓN DE PORTONOVO GASTRONÓMICO ARRANCA CO MELLOR PRODUTO E ANIMACIÓN NA RÚA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O portonovés Manuel Deza recibirá este domingo a Raia de Ouro, ás 12:30 horas, na Casa Mariñeira de Don Fernando

Sanxenxo, 9 de maio de 2025.- A terceira edición de Portonovo Gastronómico arranca hoxe na vila mariñeira para poñer en valor a súa calidade culinaria, acompañada de animación nas rúas. O grupo Kaltee foi o encargado de abrir a programación cun pasarrúas este mediodía anunciando a apertura da festa. Tamén xa se pode gozar da exposición da Asociación Fotográfica Ollares de Portonovo.

Os locais participantes ofrecerán dúas tapas, cada unha a un prezo de 5 euros en horario de mañá ata as 14:00 horas e de tarde ata as 21:00 horas. As consumicións iranse selando e permitirán participar nun sorteo de estancias e comidas por valor de 50 euros.

Serán 19 establecementos de hostalería:

Restaurante Compostela

Arrocería Boca do Río

Cervecería El Puerto

Bar Tapería Pepa A Loba

Cervecería Jamonería Azor

Japo Burguer

Taberna A Batea

Taberna Varadoiro

Restaurante O Pescador

La Mar Brava

Bodega Taberna Viña Pedreira

Taberna A Curva

Bar Lonxa

Taberna Cata

Pizzería La Fiorentina

Bar Mar do Pintor

Bodega O Risonsiño

O Buraco

Esencia

A Casa Mariñeira acollerá esta tarde, ás 19:00 horas, Cantos de Taberna de Soalleira de Dorrón e Portonovo Canta con entrada libre. O encontro unirá aos dous grupos nunha actuación que porá en valor o xénero musical tradicional. Ás 21:30 horas, a Rúa Rafael Picó acollerá o concerto Son das Tabernas.

Mañá sábado, no parque de O Espiñeiro e durante todo o día, haberá un Rincón Infantil Mariñeiro (xogos de enxeño e populares). A animación teatral e a música continuarán polas rúas con Charanga SMS, Trío Detrés e @Deviño. A Casa Mariñeira acollerá ás 18:00 horas o contacontos Historias do Mar. Ás 19:30 horas, a Travesía da Mariña contará co concerto Las Nutrias e Rafael Picó, ás 21:30 horas, con El 4º Sentido.

O domingo, a Casa Mariñeira de Don Fernando acolle o acto de entrega da Raia de Ouro a partir das 12:30 horas. O portonovés Manuel Deza "Xanelo" recibirá o galardón pola súa vinculación e achega á vila mariñeira. Tras o acto, ás 13:30 horas, a Rúa Rafael Picó acollerá o concerto de Os Saljaiteiros. O sorteo das estancias e os bonos de restaurantes realizarase ás 16:00 horas na Casa Mariñeira de Portonovo.

Toda a programación pode consultarse neste enlace: https://bit.ly/PortonovoGastronomico 

0
0
0
s2sdefault