Concello de Sanxenxo - SANXENXO PARTICIPA NA XORNADA “TURISMO EN GALICIA” COMO PRIMEIRO DESTINO DE PREFERENTE ACTUACIÓN TURÍSTICA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

O concelleiro de Turismo e Praias, Juan Deza, participou na mesa “Calidade e sostibilidade. Aposta das administracións locais polo turismo”

Sanxenxo, 14 de maio de 2025.- O concelleiro de Turismo e Praias, Juan Deza, participou esta mañá na xornada “Turismo en Galicia” celebrada no Hotel Porta do Camiño en Santiago. Na cita, organizada pola Asociación de Xornalistas de Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia, Deza formou parte da mesa “Calidade e sostibilidade. Aposta das administracións locais polo turismo”, dado que Sanxenxo é o primeiro Territorio de Preferente Actuación Turística de Galicia.

“Sanxenxo vive das dúas rías que o bañan, a Ría de Pontevedra e a de Arousa. Por iso, hai xa 25 anos que consideramos o saneamento como unha prioridade na xestión municipal. Nos últimos dous anos redobramos os esforzos, impulsando unha estratexia que vai garantir a excelencia das nosas augas durante as próximas décadas, cun investimento de 36 millóns de euros”, asegurou o edil de Turismo. “Este é o proxecto máis relevante en materia de sostibilidade. Non hai tempo para profundar noutras iniciativas como a reciclaxe, a eliminación de papeleiras nas praias, a limpeza de sanitarios seis veces ao día, a protección de dunas e doutros espazos naturais”, continuou.

En canto ás iniciativas para promover a calidade, Deza asegurou que “a mellor estratexia é a humanización dos espazos urbanos, a construción de novos equipamentos e infraestruturas e a protección da paisaxe e o patrimonio”. Ademais, sinalou: “coidamos con máximo esmero as 20 praias, por iso somos o concello de España con máis bandeiras azuis, 17, e máis sendeiros azuis, 6 na costa e 2 no interior”. No que levamos de século, Sanxenxo mellorou ou construíu, por primeira vez, máis de 30 equipamentos públicos. “En definitiva, a calidade e a sostibilidade son estratexias que nos axudan a manter o liderado turístico do norte de España”, apuntou.

0
0
0
s2sdefault