Concello de Sanxenxo - POLICÍA LOCAL E GARDA CIVIL REFORZARÁN ESTE VERÁN A SÚA COLABORACIÓN EN SEGURIDADE E MOBILIDADE EN SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O alcalde e o subdelegado do Goberno presidiron esta mañá a Xunta Local de Seguridade en Sanxenxo

 

Sanxenxo, 14 de maio de 2025.– O Concello de Sanxenxo celebrou esta mañá a Xunta Local de Seguridade, na que se abordou, entre outras cuestións, o dispositivo de seguridade para a campaña estival, así como os reforzos nos distintos corpos durante os meses de xullo e agosto, cando o municipio incrementa de forma notable a súa poboación. Tamén se trataron os eventos previstos este verán e nos que se prevé unha importante afluencia de persoas, como o concerto de Juan Luis Guerra, a Concentración de Motos ou a Media Maratón deste fin de semana, así como os concertos do Costa Feira, as festas patronais, entre outros.

 

Á reunión, que estivo copresidida polo alcalde, Telmo Martín, e o subdelegado do Goberno, Abel Losada, tamén asistiron a secretaria xeral da Subdelegación do Goberno, Mabel Alonso; o concelleiro de Seguridade Cidadá, Xoán Pérez; o coronel da Garda Civil, Manuel Touceda; o inspector xefe da Policía Local de Sanxenxo, José Manuel Duarte; o xefe provincial da Unidade da Policía Autonómica, Diego González; o xefe do subsector de Tráfico, Miguel Martínez Suárez; o tenente da Garda Civil de Sanxenxo, David Martín, e a Policía Local, Luisa Fariña.

 

Durante a xunta destacouse a baixada dos delitos penais en Sanxenxo durante 2024, ano do que polo momento se dispoñen de cifras pechadas, nun 12,15%.

 

O alcalde destacou tras a reunión “a boa disposición a colaborar para que Sanxenxo continúe sendo un municipio seguro durante o verán cando quintuplicamos a poboación é unha prioridade”. Na mesma liña, sinalou que “foi unha reunión moi produtiva na que quedou claro que é necesario coordinar a diversión e o descanso para seguir sendo un destino líder no norte de España”.

 

Pola súa parte, Losada atribuíu á “colaboración institucional a clave para que esas cifras de delitos sigan en descenso”. Tamén destacou “o compromiso total do Concello de Sanxenxo na loita contra a violencia de xénero”.

0
0
0
s2sdefault