Concello de Sanxenxo - SANXENXO DEGUSTA TAPAS REGRESA COA PARTICIPACIÓN DE 28 LOCAIS DE HOSTALARÍA E 44 TAPAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O concelleiro de Turismo, Juan Deza, presentou esta mañá a décimo cuarta edición do concurso na Casa Mariñeira de Don Fernando.

Sanxenxo, 15 de maio de 2025.- Sanxenxo volve converterse esta fin de semana no epicentro do tapeo, apenas unha semana despois da celebración do Portonovo Gastronómico. A Casa Mariñeira de Don Fernando acolleu esta mañá a presentación do XIV Concurso Sanxenxo Degusta Tapas, unha proposta que este ano contará cun récord de participación, con 28 establecementos participantes e un total de 44 tapas, 20 tradicionais e 24 creativas. Acompañado dunha representación dos locais, o concelleiro de Turismo, Juan Deza, destacou que “o Concello da man da hostalaría busca poñer en valor a calidade da nosa gastronomía, do noso produto e dos nosos cociñeiros e cociñeiras”.

Os restaurantes que participarán nesta edición serán: A Codia, Arrocería Boca do Río, Asador Rosendo, Cervecería El Aviador, Chiringuito Prado Bello, Gastro Bar La Cueva, La Mar Brava, A Fonte Vella, Asador Aserradero, Cervecería Azor, Cervecería El Puerto, Esencia Nosa by Salgadoiro, Hotel Riveiro, Mar do Pintor, Marlima II, O Forno, O Risonsiño, Pepa A Loba, Restaurante El Pescador, Restaurante Xerfa, Restaurante Lilaina, O Buraco, El Laberinto, O Vasko, Restaurante Fidel, Restaurante Ollares da Ría, Taberna A Batea e Terra del Mar.

A partir de mañá venres, 16 de maio, e ata o 1 de xuño poderanse degustar tapas por un prezo de 4 euros a unidade en cada local participante. Os clientes disporán dun Degusta Mapa coa localización de todos os establecementos, que serán valorados polo público, encargado de elixir a mellor tapa creativa e a mellor tapa tradicional. Só aquelas persoas que proben tapas en polo menos cinco locais poderán votar a mellor tapa, que recibirá un diploma acreditativo.

Os clientes participarán tamén en sorteos de distintos agasallos, como estadías en hoteis, visitas a adegas ou ceas.

0
0
0
s2sdefault