Concello de Sanxenxo - SANXENXO VIVIRÁ UNHA FIN DE SEMANA DEPORTIVA CON CATRO PROPOSTAS DIFERENTES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A media maratón Entre Rías celebra este domingo a súa segunda edición con 2.500 corredores

Sanxenxo, 16 de maio de 2025.- Sanxenxo vivirá unha fin de semana deportiva con catro propostas diferentes en terra e mar. Dende hoxe e ata o domingo celebrarase a 3ª serie da VII Liga Española de 6 Metros organizada polo Real Club Náutico de Sanxenxo. A primeira xornada será hoxe a partir das 16:00 horas, mentres que o sábado e o domingo serán a partir das 13:00 e das 12:30 horas respectivamente, estando previsto que a última proba do domingo non poida comezar máis tarde das 15:30 horas.

A praia de Silgar servirá como escenario mañá, de 10:00 a 14:00 horas, do Campionato Galego de Loita Praia e Sambo. Os campionatos levaranse a cabo sobre dous círculos oficiais de competición de 7 metros de diámetro. Hai un total de 150 inscritos, que representarán as 4 provincias, e servirá de plataforma para acceder aos campionatos de España. Todos os afeccionados poderán seguir a competición en liña a través da web: https://www.zenytsports.org/Web/WebNuevaGAL/index.php. Tamén mañá, o pavillón de Baltar acollerá as finais das categorías preferente feminina de fútbol sala a partir das 10:30 horas.

O domingo, a partir das 10:30, celebrarase a segunda edición da Media Maratón Entre Rías con 2.500 corredores. Unha proba que une os Concellos do Grove e Sanxenxo, atravesando lugares espectaculares como a Illa da Toxa ou a Praia da Lanzada. O evento contará tamén cunha proba 10K para os máis rápidos e populares, ademais de carreiras infantís de carácter gratuíto o sábado con 200 inscritos. O percorrido está homologado e entre os participantes desta segunda edición destaca o madrileño Chema Martínez.

 
 
 
0
0
0
s2sdefault