Concello de Sanxenxo - O CONCELLO LICITA A PAVIMENTACIÓN DAS RÚAS MADRID, PANADEIRA, CESTEIROS, VIÑA DA FONTE E A CONTORNA DO MERCADO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actuación sae a contratación por un importe de 308.320 euros e cun prazo de execución de 3 meses

Sanxenxo, 16 de maio de 2025.- A pavimentación e mellora da mobilidade nas rúas Madrid, Panadeira, Cesteiros e a contorna do mercado serán obxecto de mellora. O Concello de Sanxenxo acaba de sacar a licitación a actuación por un importe de 308.320 euros cun prazo de execución de 3 meses. O proxecto inclúe a renovación do alumeado, a sinalización e o drenaxe existente.

En canto aos semáforos no cruce da Rúa do Progreso, prevese o seu traslado á nova ubicación dos pasos de peóns e a adaptación das súas ópticas. Ao longo de toda a actuación, renovaranse completamente os pavimentos nas beirarrúas mediante a colocación de baldosa hidráulica sobre solera de formigón.

Como complemento á reordenación do espazo urbano e á renovación dos pavimentos, no presente proxecto tamén se contempla a colocación de mobiliario urbano e xardinería. Prevese a colocación dunha varanda na Rúa Progreso para impedir que os peóns crucen a calzada por zonas non habilitadas; na Rúa Viña da Fonte, na plazoleta, para protexer do desnivel entre a praza e a nova beirarrúa. Tamén está prevista a colocación de bancos, papeleiras e a creación de dúas novas zonas axardinadas.

0
0
0
s2sdefault