Concello de Sanxenxo - TURISMO DE SANXENXO PARTICIPA EN DOUS WORKSHOPS EN OPORTO E VALENCIA CON MÁIS DE 150 AXENTES DE VIAXES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 23 de maio de 2025.- Turismo de Sanxenxo asistiu esta semana aos workshops de Valencia e Oporto organizados polo Clúster de Turismo de Galicia, cun espazo promocional propio. O concelleiro de Turismo, Juan Deza, acompañado do presidente do CETS, Alfonso Martínez, estivo no workshop de Oporto xunto coas empresas do municipio como o Hotel Carlos I Silgar, o Gran Talaso Hotel Sanxenxo, o Grupo Interrías, CN Travel, entre outras. Turismo de Sanxenxo participou cunha mesa propia promocional do destino e sorteou dúas estadías en Sanxenxo.

Aos workshops asistiron un total de 26 empresas galegas, entre elas Turismo de Galicia, Galicia Destino Sostible e Turismo de Sanxenxo. Os encontros están concibidos como espazos de networking entre o sector turístico galego e operadores turísticos locais, nos que se inclúe unha presentación promocional de Galicia como destino turístico sostible, así como un cóctel de peche. Ademais, celebráronse sorteos entre as entidades participantes, co fin de fomentar contactos e novas oportunidades comerciais. Nestes eventos tamén se puxo en valor o enoturismo galego, grazas á colaboración das adegas galegas que ofreceron os seus viños en diversas catas.

A ambos eventos acudiron máis de 150 axentes de viaxes especializados en turismo.

0
0
0
s2sdefault