Concello de Sanxenxo - SANXENXO MANTÉN EN EXECUCIÓN OU RÉCEN REMATADAS 13 ACTUACIÓNS E 14 MÁIS, EN LICITACIÓN OU PENDENTES DE ADXUDICACIÓN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 23 de maio de 2025.- A piques de cumprirse os dous primeiros anos de mandato do goberno, as intervencións e melloras no municipio continúan a bo ritmo. Neste momento, Sanxenxo mantén 13 actuacións en execución ou a piques de finalizar e 14 pendentes de licitación ou de adxudicación.

Actuacións en execución ou recentemente rematadas:

  1. Modernización da rede de saneamento, depuración e subministración de auga, convenio con Acuaes. Actualmente centrada no bombeo de O Espiñeiro.

  2. Ampliación da rede de saneamento e auga no rural, con 96 actuacións realizadas por Espina y Delfín, concesionaria do servizo.

  3. Novo Centro Cívico O Cruceiro en Vilalonga.

  4. Segunda fase do Pazo Quintáns.

  5. Mellora do acceso ao porto pesqueiro de Sanxenxo.

  6. Mellora viaria en Gondariño – Carballo (Vilalonga).

  7. Asfaltado da PO-308 entre Portonovo e A Lanzada.

  8. Nave de servizos no parque empresarial de Nantes.

  9. Humanización da zona A Pexeira – San Roque.

  10. Reforma integral do Pazo Emilia Pardo Bazán.

  11. Melloras en praias: Areas, Montalvo, A Lanzada, Panadeira, A Espiñeira, Foxos, Canelas, Major, Silgar e Baltar.

  12. Mellora da iluminación e das gradas no campo de fútbol de Noalla.

  13. Novo xardín xunto ao skatepark de Portonovo.

Actuacións pendentes de licitación ou adxudicación:
14. Humanización do Camiño do Castro en Dorrón.
15. Mellora da praza da Travesía de Areal en Portonovo.
16. Humanización da contorna do pavillón de Baltar e do Centro de Día.
17. Mellora da rúa Cesteiros, Viña da Fonte e contorna do mercado.
18. Mellora da contorna da Capela de Arra.
19. Substitución da herba artificial nos campos de fútbol de Noalla e Baltar.
20. Mellora da Casa da Cultura de Nantes.
21. Reforma de A Telleira en Vilalonga.
22. Primeiro quilómetro da senda litoral pola ría de Arousa.
23. Mellora de vestiarios e carpintería nos campos de fútbol de Noalla, O Revel e Baltar.
24. Humanización do núcleo rural de Aios.
25. Humanización do núcleo rural de Padriñán.
26. Mellora da estrada de Noalla entre a igrexa e a PO-550.
27. Reforma do Edificio de Usos Múltiples de Portonovo.

0
0
0
s2sdefault