Concello de Sanxenxo - O CONCELLO LICITA O PRIMEIRO TREITO DA SENDA LITORAL DENDE AS TELLEIRAS ATA A LANZADA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actuación, valorada en 157.959 euros, está financiada con fondos europeos NextGeneration

Sanxenxo, 29 de maio de 2025.- O Concello de Sanxenxo vén de sacar a licitación o primeiro treito da senda litoral dende As Telleiras ata A Lanzada. A actuación, valorada en 157.959 euros, está financiada con fondos europeos NextGeneration na liña “Transformación do modelo turístico cara á sustentabilidade”. O prazo de execución da actuación estímase en tres meses.

A zona de actuación sitúase entre As Telleiras (próximo ao límite municipal co Concello de Meaño) e o vial existente próximo ao cantil na Praia dos Seixiños.

Na actualidade non existe continuidade na servidume de tránsito no fronte marítimo costeiro. O obxectivo do presente proxecto é a recuperación da mesma, mediante a execución dunha senda peonil de tres metros de ancho cunha capa superficial de 7 centímetros de xabre-cemento sobre 15 centímetros de zahorra en todo o ancho da mesma. A superficie de expropiación para a execución da senda abrangue unha área de 1.030,46 metros cadrados.

A senda ten unha lonxitude de 8 km dende a enseada de O Bao, na Revolta, ata a punta A Fianteira, no límite do municipio. Sanxenxo é un dos poucos concellos que ten o privilexio de estar bañado por dúas rías, pero, ata agora, centrou toda a súa atención na de Pontevedra. O litoral arousán destaca pola súa beleza natural e a suavidade do seu clima, que numerosas especies de aves elixen para invernar.

Cómpre lembrar que a zona conta con importantes figuras de protección como a Rede Natura 2000, Lugar de Interese Comunitario europeo (LIC) ou o convenio internacional Ramsar, ademais de ser Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA).

0
0
0
s2sdefault