Concello de Sanxenxo - O CONCELLO PON EN VALOR AS PRAZAS DE ABASTOS ENTRE O ALUMNADO NO MARCO DA CAMPAÑA “QUERE O TEU MERCADO”
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Alumnado dos colexios Cruceiro, Magaláns, Nantes, A Florida e O Telleiro participaron na actividade

Sanxenxo, 2 de xuño de 2025.- No marco da campaña “Quere o teu mercado”, o Concello de Sanxenxo puxo un ano máis en valor as súas prazas de abastos de Sanxenxo e Portonovo entre o alumnado do municipio con visitas aos mercados e aos centros educativos. A actividade posta en marcha entre as concellarías de Educación e de Economía, Facenda e Persoal, dirixidas por Nati Parada e Paula Martínez, chegou hoxe ao seu fin coa visita do carniceiro Egidio Barral ao colexio de Cruceiro.

Ao longo destes días, escolares dos colexios de Portonovo, Sanxenxo e Nantes visitaron as prazas de abastos, mentres que os dos colexios de Magaláns e O Telleiro recibiron a visita da peixeira Loli Alarcón, que lles amosou as distintas especies de peixe e marisco que se poden mercar na praza. Durante o sábado repartíronse bolsas de tea promocionais co lema “Quere o teu mercado” entre a clientela da praza.

Tras finalizar a actividade, o alumnado participante deberá completar un cuestionario e entregar unha receita con produtos adquiridos nas prazas. O Concello premiará as mellores receitas.

0
0
0
s2sdefault