Concello de Sanxenxo - A XUNTA MELLORA O FIRME DESDE O MIRADOIRO DE PALACIOS ATA A INTERSECCIÓN COA RÚA MADRID
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 2 de xuño de 2025.- A Xunta de Galicia iniciou hoxe as obras de reposición da capa de rodadura e reparacións na PO-308 ao seu paso por Sanxenxo, na avenida de León, que é a vía de entrada ao núcleo municipal. O tramo no que se vai actuar é de 750 metros, entre o miradoiro de Palacios e a intersección coa Rúa Madrid. Prevese tamén a execución de tres pasos peonís sobreelevados. A obra forma parte dos reforzos de firmes que está a executar a Xunta en varios tramos da PO-308 entre Poio e Sanxenxo, cun investimento de 3,3M€.

Ademais desta obra, tamén se vai aglomerar o tramo que vai desde a praia de Areas ata a Avenida de León, neste caso serán 1,5 quilómetros de lonxitude. Esta actuación realízase dentro do convenio entre o Concello e Acuaes tras as actuacións de saneamento realizadas na zona, pero baixo as directrices autonómicas.

Ambas obras estarán rematadas o 15 de xuño para non interferir coa tempada estival.

0
0
0
s2sdefault