Concello de Sanxenxo - O 63% DOS TURISTAS QUE ACUDIRON ÁS OFICINAS DE TURISMO EN XULLO VISITARON SANXENXO POR PRIMEIRA VEZ
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os puntos informativos de Sanxenxo e Portonovo recibiron a 1.734 persoas durante o pasado mes

Sanxenxo, 18 de agosto de 2025.- O 63,21% dos turistas que acudiron ás oficinas de turismo durante o mes de xullo visitaron Sanxenxo por primeira vez. Durante o pasado mes, os puntos informativos de Sanxenxo e Portonovo recibiron a 1.734 persoas. A maior parte das persoas que visitaron as oficinas de Sanxenxo e Portonovo eran procedentes do territorio nacional (88,69%). Neste caso, lidera o ranking Madrid, Castela León, País Vasco, e Galicia. En canto a visitantes estranxeiros, as oficinas rexistran ata 14 nacionalidades diferentes, pero Portugal, Francia e Alemaña encabezan o listado.

En canto á media de idade do turista que escolle Sanxenxo para pasar as súas vacacións, un pouco máis do 49% teñen entre 35 e 60 anos, os maiores de 60 supoñen un 23%, sumando os menores e a franxa entre 18 e 35 anos sobrepasan o 27%.

A modalidade de aloxamento escollido polos visitantes tamén foi moi variada. Aínda que a maior parte dos turistas aínda elixen o hotel para pernoitar (46,27%), un 32% elixiron un apartamento, un 6,37% un cámping, e un 2,31% unha pensión. O período de estancia máis numeroso entre os visitantes foi de 3 a 6 días seguido do de 7 a 10 días.

0
0
0
s2sdefault