Concello de Sanxenxo - SANXENXO VIVIRÁ NOVE DÍAS DE FESTA COA MÚSICA, A TRADICIÓN E A GASTRONOMÍA COMO PROTAGONISTAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Sanxenxo, 20 de agosto de 2025.- Sanxenxo inicia este domingo as súas festas patronais coa música, a tradición e a gastronomía como protagonistas. A concelleira de Cultura e Eventos, Elena Torres, presentou esta mañá o programa na escultura do Atlante situada na Praza dos Barcos. A programación arrinca este 24 de agosto con dous concertos, ás 12 horas, Galifunk Brass na Praza de Pascual Veiga e Herdanzas da Nosa Terra. “É un programa para desfrutar na rúa e para que veciños e visitantes gocen da nosa cultura e tradición”, dixo Torres.

O próximo luns, 25 de agosto, día de San Xulián, Sanxenxo celebra o Día do Turista cunha sardiñada no recinto portuario con máis de 500 quilos de sardiñas a partir das 12 horas. Unha hora antes, no entorno da igrexa poderase desfrutar da Feira de Produtos Artesáns. Ás 13:00 horas a Praza de Pascual Veiga acolle o tradicional concerto da Banda de Música de Sanxenxo. Xa ás 19 horas, celebrarase a misa e procesión con tirada de fogos en honra a San Xenxo. Ás 21 horas, a Asociación Abiñadoira actuará na Praza de Pascual Veiga. A partir das 22:30 horas, celébrase a verbena con Broken Peach e orquestra Fania Blanco Show na Praza do Mar.

O xoves, 28 de agosto, a Praza de Fonte de Ramos acollerá o espectáculo de ópera “Querida Montserrat, Querido Lucciano”. A Praza de Pascual Veiga acollerá o 30 de agosto o concerto de Cantos da Terra, a partir das 12 horas. O domingo 31, ás 12 horas, celebrarase a XXV Milla Urbana.

O luns 2 de setembro a xornada estará dedicada aos máis pequenos. A Praza de Fonte de Ramos convértese no epicentro da diversión infantil cunha festa de inchables, de 11:30 a 13:30 e de 16 a 19 horas. A partir das 12 no Paseo de Silgar haberá xogos populares. Ás 19 horas, Festa da Espuma na Praza de Fonte de Ramos.

O martes, 3 de setembro, a partir das 12 horas comezará a homenaxe á cebola, produto estrela da horta de Sanxenxo cun showcooking a cargo de Pepe Solla, Rodrigo Valiente e os irmáns Visi na Praza de Pascual Veiga. Ás 21 horas, a Banda de Música de Sanxenxo ofrecerá un concerto na mesma ubicación. A partir das 22:30 horas, terán lugar dous concertos, un na Rosa dos Ventos, ás 21 horas, ás 22:30 horas, Germán Prieto, e outro, ás 23:30 horas, Grupo La Movida, na Rúa dos Barcos. Ás 22 horas, procesión nocturna para recoller a imaxe de Santa Rosalía.

O mércores, 4 de setembro, Día de Santa Rosalía, a xornada comeza con pasarrúas e alboradas de Abiñadoira e a Banda de Música que coincidirá ás 10 horas coa apertura dos postos da XLII Feira da Cebola no recinto portuario. A partir das 12:30 horas celebrarase o acto de entrega de premios das Cebolas de Ouro. O xurado, presidido polo alcalde e a concelleira de Cultura, con representantes de colectivos das sete parroquias reuniuse a semana pasada para decidir as Cebolas de Ouro 2025 que se darán a coñecer nos próximos días. Ás 19 horas, haberá misa e procesión en honra a Santa Rosalía. Ás 21 horas, concerto da Banda de Música de Sanxenxo na Praza de Pascual Veiga. Ás 22 horas, procesión nocturna para recoller a imaxe do Carme. A partir das 22:30 horas, verbena a cargo das orquestras Olympus e Marbella na Praza do Mar. Ás 24 horas, espectáculo pirotécnico na Praia de Silgar.

O xoves, 5 de setembro, coincidindo coa festividade da Virxe do Carme, a xornada comezará con pasarrúas e alboradas de Os Gatiños de Portonovo e a Banda de Música de Sanxenxo. Ás 13 horas, a Praza de Pascual Veiga acollerá un concerto da Banda de Música de Sanxenxo. Ás 19 horas celebrarase a misa e procesión marítima en honra á Virxe do Carme. A partir das 22:30 horas, na Praza do Mar terá lugar a verbena con Trébol e Orixe.

DESCARGA AQUÍ EL PROGRAMA COMPLETO DE FIESTAS

 

0
0
0
s2sdefault