O programa busca a dinamización do comercio local a través de bonos desconto
Sanxenxo, 22 de agosto de 2025.- O alcalde, Telmo Martín, e o presidente da Asociación de Comerciantes Entretendas, Julio Presas, asinaron esta mañá un convenio para poñer en marcha a nova campaña “Merca en Sanxenxo” co obxectivo de dinamizar o comercio local este outono.
En total, o Concello de Sanxenxo achegará 20.000 euros a través da venda de 2.000 paquetes de bonos por valor de 30 € cada unidade que se repartirán en tres bonos por valor de 10 € que se venderán a través de Entretendas. O cliente aboará 20 € e os outros 10 € correrán a cargo do Concello de Sanxenxo.
Con este programa búscase potenciar as compras no municipio, apoiando ás familias e aos establecementos adheridos ao programa, promovendo a actividade económica do comercio e o consumo local. Esta iniciativa pretende axudar a fidelizar e captar nova clientela, así como sensibilizar aos consumidores da importancia de realizar a súa compra no comercio de proximidade.
A venda de bonos levarase a cabo desde o 15 de setembro ata que se esgoten existencias. A validez dos bonos concluirá o 31 de outubro. Só se poderá adquirir un máximo de 2 paquetes de bonos por DNI, NIF ou NIE, polo que se poderá acumular un valor máximo de 60 € por persoa.
Tendo en conta que a iniciativa pretende a dinamización e revitalización do comercio local e de proximidade, queda excluído o gasto dos bonos en alimentación nos supermercados e grandes áreas comerciais.