Sanxenxo, 1 de setembro de 2025.- Vilalonga acolle este domingo 7 de setembro o Campionato de Galicia de Ciclismo Feminino e Cadete Masculino. A proba foi presentada esta mañá na Praza Pública polo concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; a directora de Deportes da Deputación de Pontevedra, Xisela Aranda, así como os concelleiros Yago Torres e Paz Lago.
A proba feminina está previsto que dea comezo ás 10 horas cun total de 48,6 quilómetros e que remate ás 11,20, pasando por Portonovo e Aios. No caso da masculina arrancará ás 12 horas e concluirá ás 13:14 horas. Está previsto que participen 180 ciclistas en ambas categorías. As inscricións pecharanse o mércores ás 23:59 horas.