Concello de Sanxenxo - A POLICÍA LOCAL INVESTIGA A TALA DE SETE PIÑEIROS NA ZONA DO MIRADOIRO DE A PEIXEIRA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 1 de setembro de 2025.- A Policía Local investiga a tala de sete piñeiros na zona do Miradoiro de A Peixeira. As árbores foron cortadas intencionadamente pola parte baixa do tronco cunha serra ou unha machada. Nalgúns casos, os piñeiros mantíñanse falsamente en pé, co conseguinte risco de que puidesen caer sobre alguén que pasease pola zona, e, noutros, atopábanse xa tombados no chan.

O goberno condena e lamenta este tipo de actos vandálicos que provocan un importante dano medioambiental nun entorno de gran beleza paisaxística como é o Miradoiro de A Peixeira.

0
0
0
s2sdefault