Concello de Sanxenxo - O CONCELLO PROPORÁ EN PLENO OS NOMES DE SANTA ROSALÍA E SAN ANTONIO PARA OS DOUS NOVOS VIAIS DO PEI 15
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 22 de setembro de 2025.- O goberno local levará a Pleno ordinario do vindeiro luns, 29, a proposta de dous nomes para os dous novos viais do PEI 15: Avenida de Santa Rosalía e Rúa San Antonio, abertos ao tráfico o pasado mes de xuño. A urbanización inclúe estas dúas novas rúas, unha que comunica a Rúa Progreso coa Rúa Sanxenxo para a que se propón o nome de Avenida de Santa Rosalía e Rúa San Antonio para o outro vial incluído no ámbito.

Ambos santos gardan unha vinculación especial con Sanxenxo. Santa Rosalía é patroa do municipio xunto con San Ginés. A celebración da súa festividade coincide coa Feira da Cebola, unha cita con importante arraigamento no municipio, e dá nome á confraría de pescadores de Sanxenxo. O seu nome é o elixido polo goberno para unha avenida que se converterá nunha das principais arterias viarias do municipio e que xa supuxo unha importante desconxestión no tráfico este verán.

San Antonio é o nome que se propón para a rúa incluída neste ámbito e que, polo momento, non ten saída. Tradicionalmente, facíase coincidir coa festividade de San Antonio as tomas de posesión dos gobernos municipais de Sanxenxo. A celebración da festividade convertíase nunha xornada de convivencia para a nova corporación.

 

0
0
0
s2sdefault