No exterior, colocarase un sistema de drenaxe para mellorar illamento do edificio e evitar humidades
Sanxenxo, 28 de outubro de 2025.- A mellora da Casa de Cultura de Nantes entra na súa recta final co pintado e carpintería interior. O alcalde, Telmo Martín, acompañado do director de obra visitou as instalacións para comprobar a execución dos traballos xa realizados e os que están pendentes de execución. Os traballos no interior, unha vez renovadas as ventás; instalada a climatización e a insonorización da planta superior, céntranse no pintado de paredes, teitos, portas e baranda. No exterior, realizarase un sistema de drenaxe para mellorar o illamento do edificio e evitar humidades.
A actuación inclúe a renovación da fachada e unha mellora integral das súas instalacións para facer o edificio máis eficiente desde o punto de vista enerxético, cun orzamento de 149.318 euros, financiado nun 95% por parte da Xunta, a través de fondos europeos. Tamén se renovou o sistema de luminarias de baixo consumo tipo led e se substituíron as luminarias de emerxencia.
No exterior, colocarase o nome do edificio co mesmo tipo de letra e estética que as do pavillón de Nantes.