Concello de Sanxenxo - O CONCELLO CONVIDA ÁS PERSOAS MAIORES DE SANXENXO A UN BAILE PARA DESPEDIR 2025 BAIXO A CARPA DA ALDEA DO NADAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A cita, organizada pola Concellería de Servizos Sociais e Maiores, será o vindeiro 28 de decembro a partir das 18:30 horas

Sanxenxo, 10 de decembro de 2025.- Tras o éxito da primeira edición, a Concellería de Servizos Sociais e Maiores, dirixida por Paz Lago, volve apostar por segundo ano consecutivo polo “Baile Pre Fin de Ano de Maiores”. A cita será o vindeiro 28 de decembro a partir das 18:30 horas baixo a carpa da Aldea do Nadal. Unha actividade que se converterá nunha tarde de convivencia e diversión. Non faltará a rosca con chocolate para repoñer forzas nin tampouco as Campanadas acompañadas de uvas e cotillón para despedir o ano por adiantado. “É unha cita para desfrutar, compartir e pasalo moi ben. Este baile chegou á programación para quedar. Os nosos maiores meréceno”, asegura Lago.

Unha actividade que se suma a outros programas dedicados ao coidado das persoas maiores como o SAF, o Obradoiro de Memoria, o Centro de Día ou as clases de educación física para maiores, ou o programa Coidándote para Coidar no que están inscritas moitas persoas maiores do municipio.

Pero a atención ás persoas maiores non se limita a cubrir unicamente esas necesidades, xa que é moi importante que poidan socializar, compartir e desfrutar. Para iso, o Concello inviste ao ano case 44.000 euros en concepto de alugueiros e actividades de lecer que se levan a cabo durante todo o ano a través dos Clubs de Xubilados de Noalla, Sanxenxo, Portonovo e Vilalonga.

0
0
0
s2sdefault