Concello de Sanxenxo - UN TOTAL DE 10 VIVENDAS, 11 COMERCIOS E 3 BARRIOS DE SANXENXO COMPITEN EN “DESLUMBRA CO TEU NADAL”
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 11 de decembro de 2025.- O Concello de Sanxenxo repartirá o próximo 6 de xaneiro 4.000 euros en premios entre os 11 comercios, 10 vivendas e 3 barrios que se presentaron á segunda edición do concurso “III Deslumbra co teu Nadal”.

A actividade, organizada desde o departamento de Cultura, dirixido por Elena Torres, e en colaboración con Entretendas CCU, conta este ano cunha nova categoría para rúas, prazas ou zonas da veciñanza cun único premio de 750 euros. Mantéñense os tres premios para establecementos comerciais de 1.000 euros, 750 euros e 500 euros, así como para a decoración exterior de vivendas con 500 euros, 300 euros e 200 euros.

O Concello de Sanxenxo convoca o III Concurso de Iluminación ‘Deslumbra co teu Nadal’ no que se repartirán 4.000 euros en premios.

A actividade organizada desde o departamento de Cultura en colaboración con Entretendas CCU mantén os tres premios para establecementos comerciais de 1.000, 750 e 500 euros, así como os de decoración exterior de vivendas con 500, 300 e 200 euros, e un premio único de 750 euros para rúas, barrios, prazas ou veciñanza.

O xurado valorará a iluminación con ata 10 puntos; a orixinalidade e o deseño con ata 5 puntos; e o fomento de valores locais, o contido didáctico do proxecto e o coidado do medio ambiente a través da utilización de materiais ecolóxicos, con ata 3 puntos.

Darase a coñecer o fallo inapelable do xurado e farase a entrega de premios o 6 de xaneiro durante o Concerto de Reis da Banda de Música de Sanxenxo no Auditorio Emilia Pardo Bazán.

0
0
0
s2sdefault