A apertura de inscricións será mañá, xoves 5 de febreiro, ás 9.00 horas, e permanecerá aberta ata o 11 de febreiro, ás 14.00 horas
Sanxenxo, 4 de febreiro de 2026.– O Concello de Sanxenxo, a través da Concellería de Educación, dirixida por Nati Parada, presenta unha proposta de conciliación lúdica para as vacacións de Entroido con obradoiros de Entroido. A actividade, dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos, desenvolverase os días 16, 17 e 18 de febreiro no Pavillón de Nantes. O prezo para persoas empadroadas será de 20 euros e para as non empadroadas, de 25 euros.
A apertura de inscricións será mañá día 5, ás 9.00 horas, e pecharase o 11 de febreiro, ás 14.00 horas. As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición, preferentemente a través da sede electrónica do OA Terra de Sanxenxo ou de xeito presencial no Concello de Sanxenxo.
Con carácter previo á inscrición, deberá efectuarse o pagamento a través da OVT de Terra de Sanxenxo ou de forma presencial solicitando o documento de pagamento no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou acudindo á Tesouraría do Concello, para posteriormente realizar o ingreso en Abanca ou Sabadell.

