Concello de Sanxenxo - SANXENXO COMEZA AS REUNIÓNS ORGANIZATIVAS E DE SEGURIDADE DA MEDIA MARATÓN ENTRE RÍAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 4 de febreiro de 2026.– O Concello de Sanxenxo iniciou esta mañá as reunións organizativas e de seguridade da Media Maratón Entre Rías. O concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, presidiu o encontro de traballo no que tamén participaron o concelleiro Xoán Pérez, o xefe da Policía Local, José Manuel Duarte, así como o director de Noko 360, Serafín Martínez, técnicos de Deportes e persoal de Nauta.

A proba cumpre este ano a súa terceira edición e o Concello de Sanxenxo quere dar un novo salto de calidade que a consolide como unha das grandes citas do calendario galego de running. A carreira celebrarase o vindeiro domingo, 17 de maio, e todo apunta a que se superará o récord de participación do ano pasado, cando máis de 2.200 corredores tomaron a saída entre O Grove e Sanxenxo, nunha gran xornada festiva de running e deporte.

A proba, organizada por Sanxenxo e O Grove, baixo a dirección técnica de Noko, ofrecerá tres modalidades:

• Media maratón (21 km)
• 10 km, para os corredores máis rápidos e populares
• Remudas por parellas, unha opción ideal para quen desexe compartir a experiencia

O percorrido, homologado pola Real Federación Española de Atletismo, transcorre por algúns dos paisaxes máis espectaculares de Galicia, unindo os municipios do Grove e Sanxenxo a través de enclaves tan emblemáticos como a Illa da Toxa ou a Praia da Lanzada.

O evento volverá repartir máis de 2.500 € en premios económicos e xa hai 1.300 persoas inscritas na proba.

0
0
0
s2sdefault