Concello de Sanxenxo - O CONCELLO INICIA POR VÍA DE EMERXENCIA A REPARACIÓN DO MURO DA AVENIDA DE PONTEVEDRA EN PORTONOVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

O forte temporal provocou un gran burato no muro de contención da vía e o desprendemento de pedras de gran tamaño

Sanxenxo, 11 de febreiro de 2026.- O Concello iniciou esta mañá as obras de reparación do muro da Avenida de Pontevedra en Portonovo. O forte temporal provocou un gran burato no muro de contención da vía e o desprendemento de pedras de gran tamaño. Os traballos estarán condicionados pola situación do mar xa que por motivos de seguridade non se poderá traballar coa marea alta.

O concelleiro de Servizos, Yago Torres, desprazouse esta mañá á zona a supervisar o inicio dos traballos. Os operarios comezaron esta mañá coa colocación de ancoraxes para baixar á zona de obra con seguridade e para preparar a zona para a colocación dun andamio. Durante as horas de traballo a vía sufrirá restricións de tráfico debido a que a colocación da pedra se realizará desde a parte alta cun camión guindastre. Estes traballos de reparación incluirán a demolición das antigas casetas e tubaxes en desuso dunha vella cetárea, que actualmente afean a contorna.

A Avenida de Pontevedra estará cortada ao tráfico desde a rotonda da lonxa de Portonovo. Só se permitirá a entrada dos camións da obra e do autobús escolar. Desde a altura do Hotel Siroco ata a confluencia da Avenida de Pontevedra coa Rúa Arturo Fontán habilitarase dobre sentido para os garaxes. Polas noites, quedará aberta ao tráfico.

0
0
0
s2sdefault