Concello de Sanxenxo - A OBRA DO PASEO DE SILGAR OBRIGA A CAMBIAR A SAÍDA DO DESFILE DE CARNAVAL Á ESTRADA DA CIRCUNVALACIÓN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A cita será o domingo 22 de febreiro ás 16 horas. A recollida de dorsais realizarase na Estación de Autobuses de Sanxenxo

Sanxenxo, 11 de febreiro de 2026.- As obras de reparación do último tramo do Paseo de Silgar obrigan, por motivos de seguridade, a realizar cambios no percorrido do Desfile de Carnaval de Adultos e Infantil. A comitiva sairá o vindeiro domingo 22 de febreiro da Estrada da Circunvalación, á altura da antiga discoteca Pirámide, ás 16 horas, para continuar pola Avenida de Galicia, a Rúa Rafael Picó e rematar na lonxa de Portonovo. Os participantes poderán recoller os dorsais na Estación de Autobuses.

O tráfico permanecerá cortado desde o inicio ata o final do desfile, aínda que se garantirá, en todo momento, o acceso á Estación de Autobuses. Os participantes e asistentes ao desfile disporán de aparcadoiros gratuítos preto da saída, na contorna da piscina de Baltar e nunha zona próxima ao mercado de Portonovo, entre outros espazos dispoñibles.

O Concello repartirá 10.830 euros entre os participantes do tradicional. Na modalidade infantil establécense dúas categorías, a individual ou parella con tres premios (150€, 100€ e 80€) e a de grupo con tres premios (500€, 300€ e 200€). Na modalidade adulto, na categoría individual ou parella (300€, 200€ e 150€), grupo ata 20 compoñentes (800€, 400€ e 300€) e grupo de máis de 20 compoñentes (2.200€, 1.200€ e 750€). Na modalidade fantasía (máis de 20 compoñentes) repartiranse tres premios (1.700€, 900€ e 600€).

A data límite para anotarse será o 19 de febreiro de 2026. As inscricións serán gratuítas e poderán realizarse por algún dos seguintes medios:
• Presencialmente no rexistro do O.A. Terra de Sanxenxo, situado no Concello, de luns a venres en horario de 8:30 a 14:00 horas.
• A través da sede electrónica do O.A. Terra de Sanxenxo (https://terradesanxenxo.sedelectronica.gal) ata as 23:59 horas do último día do prazo. Para iso será necesario dispoñer de DNI electrónico, certificado electrónico ou sistema de autenticación Cl@ve.

0
0
0
s2sdefault